17/6/17

Mesa redonda na X Feira do Libro de A Guarda [vídeo]

 O pasado domingo 21 de maio tivo lugar a X Feira do Libro de A Guarda, evento no cal os blogueiros Daniel Portela, Paula Tourón e máis eu tivemos a oportunidade de realizar unha mesa redonda sobre literatura xuvenil e a súa difusión nas redes. A actividade foi gravada na súa práctica totalidade, e xa podedes ver o vídeo en Lectureka!

 Durante a mesa redonda, de case unha hora de duración, tiven como compañeiros de conversación aos mellores posibles. A miña gran amiga Paula administra o blog Mil y una hisorias, e Dani fai o propio con It's super fun e colabora coa revista dixital La avenida de los libros.

 Ao longo da charla reflexionamos sobre os prexuízos contra a literatura infantil e xuvenil e tratamos de facer unha análise -dende a nosa perspectiva de lectores e difusores da lectura- da orixe deses prexuízos e por qué son falsos. Lecturas escolares, internet como medio de expansión e a propia natureza da literatura xuvenil son só algúns dos temas que tratamos brevemente, ademáis de relatar a experiencia cos nosos blogs e algunha que outra anécdota divertida...

Por problemas técnicos os derradeiros quince minutos da mesa redonda non foron rexistrados. Nese tempo abordamos, principalmente, as luces e sombras da literatura xuvenil en galego e a súa dificultade para achegarse á nosa xeración; un interesanísimo tema sobre o que escribirei noutra ocasión.

 A continuación podedes ver o vídeo en cuestión. Pido desculpas pola pobre acústica do lugar, pero espero que o atopedes do voso agrado de todos modos:

No hay comentarios :

Publicar un comentario

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!