16/4/17

Entrevista en Landereina (e presentación!)


 Catro anos atrás, en 2013, Sabela González foi unha das primeiras escritoras ás que tiven a honra de entrevistar neste blog. Foi, como máis tarde descubrín, a primeira enrevista que ela concedera a un medio como escritora (se é que se pode considerar este blog un medio). Era entón cando publicara a súa primeira novela; Bágoa de lúa, o inicio da prometedora triloxía fantástica As crónicas de Landereina. Esta continuaría con Feitizo de sangue (2015) e Sangue de lúa (2016), e non sería ata o venres 24 de marzo deste ano cando Sabela nos concedería unha segunda entrevista no marco da presentación da derradeira novela da triloxía. Por iso e moito máis, a entrevista en exclusiva que hoxe traio ao blog é tan importante para min, coa esperanza de que tamén resulte un pouquiño especial para vós.
Le aquí a miña reseña d'As crónicas de Landereina; Sangue de lúa.
 Co peche da triloxía de Landereina botamos unha ollada ao pasado, ao que mudou en todo este tempo e ao crecemento do seu universo e personaxes, pero tamén ao futuro, ás novelas que virán detrás e ao que acontecerá (ou non) co mundo das crónicas. E, como por aquí todos compartimos o gusto pola fantasía, a autora enfróntase ao reto de situar aos seus personaxes nas catro casas de Hogwarts. Con resultados do máis curioso!

 Antes de dar paso á entrevista quería agradecer unha vez máis a Sabela estes dez minutos tan marabillosos que compartiu con todos nós, pero tamén o seu apoio ao longo destes catro anos e, ante todo, o seu traballo e as súas novelas.

 Dentro vídeo!



 Tamén agradezo á librería viguesa Librouro por cedernos un recuncho para gravar a entrevista, e por acoller a presentación o pasado mes. Se ti non figurabas entre a lista de asistentes, tes agora unha nova oportunidade de desfrutar da presentación de Sangue de lúa, un acto protagonizado por Sabela González e conducido polo editor Carlos Lema.

 Por cuestións técnicas as preguntas do público quedaron sen gravar, polo que o resultado é un vídeo relativamente breve. Se aínda así tes pouco tempo que prestarlle, podes saltar directamene á intervención da autora no minuto 11:30. 


Vémonos en presentacións de futuras novelas!

1 comentario :

¡Alimenta el blog con tus comentarios! Recuerda ser respetuoso con el redactor y lectores y siéntete libre de responder cualquier comentario publicado.

Intentaré responder a todos los comentarios, especialmente a aquellos que formulen dudas o preguntas.

¡Gracias por leernos!